O SATSE en Ourense, advirte que os centros de O Carmen e Cosaga non contan con profesional adecuado para determinadas técnicas

13 diciembre 2018

O Sindicato de Enfermería SATSE en Ourense, advirte que estes centros deixan en mans de persoal non cualificado técnicas e funcións que son competencia exclusiva das enfermeras/os, que son as responsables de levalas a cabo na rede pública sanitaria. Tendo en conta que son centros concertados do Sergas, deben ofrecer os mesmos recursos os seus doentes, así como contar cos mesmos profesionais cualificados.

O SATSE está a recibir queixas de profesionais de enfermaría, e mesmo de doentes, nos que advirténos que neses centros, os técnicos de laboratorio están a atender a doentes en cuestións asistenciais que son competencia das enfermeiras, coma por exemplo, extraccións sanguíneas e canalización de vías con contraste, sen ter en conta a posible repercusión ante unha reacción alérxena e a necesidad de asistencia inmediata. 

O sindicato de Enfermería dirixiuse a os responsables de estes centros no mes de xuño advertindolles que na sanidade concertada deben contar con profesionais, de igual cualificación que na sanidade pública, posto que se trata de centros concertados do Sergas. De incurrir neste intrusismo elevaremos denuncia ante o Sergas e o Consellería de Sanidade. 

Soamente recibimos contestación do Xerente de COSAGA que mais ala de agradecer a Información e fundamentación xurídica da denuncia, non se corta en ameazar con denunciar os delegados de SATSE que están a informar de esta situación. 

Recordamos que as enfermeiras, como profesionais sanitarios titulados de rama universitaria, como se recolle na LEY estatal de Ordeación de Profesións Sanitarias do 2003, son os que se encargan e teñen as facultades de dirixir, evaluar e prestar coidados, coma son as propias asistenciais, e este tipo de técnicas invasivas, coma son as extraccións de sangue e a observación e coidados contínuos ante signos de alarma. 

Os técnicos de laboratorio non teñen función asistencial directa sobre o doente, senón que sempre son actividades de colaboración co persoal sanitario titulado universitario, neste caso enfermeiras/os ou médicas/os. 

Non son poucas as sentencias en todo o territorio estatal e autonómico (neste senso xa se pronunciou o TSXG no 2001) as que se teñen posicionado en contra de que os técnicos realicen estas funcións, senón que esta problemática no territorio de Galicia, onde a nosa Comunidade ten competencias tanto a nivel de organización coma de supervisión e inspección de Sanidade interior, coma de velar polo efectivo cumprimento dos dereitos, deberes e garantías sanitarias. 

Non esquezamos que ademáis, a propia administración de eses centros Sanitarios, onde se presta asistencia a doentes do ámbito privado, asegurados de mutuas e funcionarios, son centros onde tamén se derivan doentes da Seguridade Social mediante fórmulas de concertos e convenios, etc. O doente , como recollen leis básicas coma a de saúde de Galicia de 2018 coma a de Saúde Estatal do 1986, ou a Lei de  Cohesión Sanitaria Estatal de 2003, onde entre outras cousas, como norma, ten o mesmo dereito e mesmas garantías, sexa donde sexa a nosa asistencia no Estado e na Comunidade, e a contar cos mesmos profesionais en canto a súa categoría, titulación e competencias. 

Deixar que o doente sexa atendido por o profesional sin competencia para elo, non so inculca dereitos a mellor asistencia do doente, senón que pode por en risco o maior ben que deben salvaguardar os Centros e Autoridades Sanitarios, como é a saúde da poboación. A equidade de acceso, e contar cos profesionais cualificados, como na rede sanitaria pública.