SATSE Ourense denuncia que a nova dirección afonda máis nas políticas de precariedade en Atención Primaria

09 mayo 2018

O SATSE, denuncia que no pouco tempo que leva este novo equipo directivo, xa comeza a extinguir postos de enfermeiras que se xubilan, ademais de non cubrir postos de matronas e fisoterapeutas, solicitadas dende fai máis de un ano dado o claro déficit na provincia destes profesionais

Dende o Sindicato de Enfermería de Ourense, denunciamos  as medidas de recorte  que xa está poñendo en marcha  a nova Dirección de esta Eoxi, neste caso ca atención primaria da nosa provincia, no que se inclúen eliminación de postos de enfermería  creados e dotados de xeito orzamentaria.

Á petición feita desde fai máis dun ano por este sindicato para que doten aos centros de saúde de profesionais matronas e fisioterapeutas, recíbese resposta negativa recorrendo sempre á falta de dotación orzamentaria, iso si, fanse e publicítanse ata a saciedade centros de saúde novos, e logo non se dotan co persoal necesario para atender as necesidades nos mesmos. Esa é a política que se impón na nosa Provincia.

No caso de enfermeiras, a pretensión da Xerencia é de eliminar unha praza do centro de Saúde de Toén, cunha poboación de 2377 habitantes e unha dispersión de  59,29 km

 

 no que actualmente traballan dous enfermeiros, e que ante a xubilación dun deles, non se ten a intención de cubrila.

O tempo daranos a razón pois nun breve prazo vai a iniciar a actividade un novo centro de maiores con cargas asistenciais que se van a asumir dende o Centro de Saúde incrementando a xa sobrecargada atención sanitaria.

Os argumentos da  Xerencia son un insulto a nosa intelixencia pois esa praza de Barbadás hai cinco anos que non se cubre estando nos orzamentos aludindo problemas de espazo. E agora co novo Centro sigue sen ser dotada!. E parece ser que se vai a facer a conta da praza que se suprime en Toén. 

No caso do Centro de Saúde de Ribadavia sospeitamos que poida suceder algo similar xa que se xubila unha enfermeira e ata agora non se cubriu. Neste caso xa sería o segundo recorte, xa que aínda non hai 2 anos, suprimiron outra praza no mesmo centro.

Non esquezamos a precariedade mantida de cobertura nos períodos de vacacións ou baixas con contratos a media xornada ata en días alternos, esa segue a ser a importancia que se lle da o traballo das enfermeiras/os dos centros de saúde. 

No caso dos fisioterapeutas, a escaseza deste colectivo é palpable pola poboación cando ten que acudir a seren tratados por eles. O caso máis penoso, o Centro de Saúde de O Couto, tan visitado e anunciado a toda páxina polo Sergas e a Xerencia, con ese espectacular ximnasio, e non se vai dotar de fisioterapeuta!! é vergonzoso de verdade.

Recordemos que so traballan cinco fisioterapeutas en Atención Primaria  na cidade de Ourense, para 123.000 habitantes! Dende Satse xa solicitamos a cobertura de Fisios tanto para o Concello de Barbadás, que conta cun magnífico novo centro de Saúde e cerca de 10.000 habitantes como para outros que están deficitarios. 

Había un proxecto de optimizar os recursos  existentes coma poñer quenda de tarde nos centros de Xinzo de Limia, Carballiño, Ribadavia e O couto de mañá e tarde, isto supoñería  o incremento de 6 Fisioterapeutas, xustificado polo moito volume de traballo existente e as avultadas listas de espera. Para máis afondamento na penosidade, esta Xerencia segue a realizar mal o pago das nóminas dos fisioterapeutas da cidade de Ourense, onde un dos complementos do seu soldo non o adecúan a poboación total que deben atender, e que o Sindicato de Enfermaría de Ourense reclamamos e verémonos na obriga de acabar nos tribunais para que se lles abone coma no resto de Galicia. 

No eido das Matronas dos centros de Saúde da provincia, ca peor dotación do Sergas (e do Estado español sen lugar a dúbidas), non só non se aumentan as solicitadas para acercarnos un pouco ao mínimo recomendado, senón que non consentiremos que non se cubran as xubilacións que se van a producir. Coma a do Centro de Saúde de San Cibrao das Viñas, que aínda que a praza non se cubra alí, esiximos se poida cubrir esa praza na cidade de Ourense. Dada a escaseza e precariedade sometida a este colectivo de enfermeiras especialistas en obstetricia, cun total de 9 matronas  en toda a provincia, cando no verán solicitan vacacións, deben anular consultas ao non cubrirse tódalas ausencias. 

DendeSATSEOurense queremos lembrar as palabras recentes nos medios do novo Xerente, no que sinalaba a necesidade de potenciar a primaria e dotar de máis profesionais... curiosa forma de facelo, non dotando do necesario e amortizando prazas creadas...., proseguiremos cas medidas necesarias para que a nosa Atención Primaria sexa tratada coma se merece.