Hemeroteca
O Sindicato de Enfermería solicita ao Conselleiro o cese da Directora de Enfermaría da Área de Ourense
22.03.23 | Galicia
O Sindicato de Enfermería SATSE en Ourense solicita, nesta ocasión, ao Titular da Consellería de Sanidade, Julio Comesaña, a destitución inmediata da Directora de Enfermaría na Area Sanitaria de Ourense, Beatriz Cabanelas.
A xestión desta directora é, para o Sindicato, nefasta para todo o persoal, tanto fixo coma temporal, provocando unha gran desafección de toda a profesión na provincia.
Arredor de 3000 profesionais ao seu cargo, están a sufrir numerosas e constantes agravios no seu exercicio profesional: xornadas superiores a esixida, carteleiras de traballo con risco declarado para as enfermeiras, cambios constantes de turnos e lugar de traballo sen previo aviso, denegación sistemática de días de libre disposición, nos que subxace unha falta de previsión que provoca a proliferación de contratos cortos e penosos, dificultades para o desfrute das vacacións estivais, vulneracións do dereito a conciliación da vida laboral e familiar, falta de abono de atrasos de salarios e liquidacións de excesos de xornada...e un longo etc...
Para SATSE non é menos preocupante tamén a afectación directa nos mandos intermedios (supervisoras/es), que queda refrendada polas continuas dimisións nos últimos meses de estes cargos; estes feitos son un claro indicador da falta de liderado e capacidade da directora, e pon en serio risco o funcionamento normal do CHUO, da Atención Primaria e do Hospital de Verín nestes momentos.
A Área de Ourense, a pesares de ser na Comunidade a provincia con menos peso e desenrolo en datos xerais, sempre foi considerada como referente no desenvolvemento e status da enfermaría, contando con niveis de coidados considerados excelentes nivel comunitario, ata a chegada de Beatriz Cabanelas ca súa inacción e atitude.
Esta laxitude de accións pola sua parte tamén se traduce nun aumento de reclamacións e denuncias por parte da asesoría xurídica deste Sindicato, en aras da defensa dos traballadores, ante a falta de un carácter negociador e de diálogo da Directora.
Cando se está a falar constantemente de humanización e liderado con empatía e proximidade, a Directora practica totalmente o contrario: ostracismo e despotismo.
Dende o Sindicato tentamos trasladar ao Conselleiro a súa implicación nesta problemática co ánimo de reverter a situación lamentable na que está derivando a actividade enfermeira da área sanitaria, onde se está pondo en risco, de xeito continuado a saúde e fidelización das enfermeiras e fisioterapeutas coa clara e directa repercusión na saúde dos doentes.