O sindicato de enfermería revela impedimentos do Complexo Hospitalario de Ourense, Barco e Verín para exercer o dereito ó voto o próximo 24 de maio
SATSE denuncia que a EOXI de Ourense ponlle trabas os seus traballadores para exercer o dereito a o voto nas eleccions municipais
Nesta ocasion , segun informan os representantes do SATSE, a pesares de existir unha normativa e instruccións claras sobre os permisos electorais, ya que lles corresponden catro horas se están a traballar, a dirección desta xerencia decide que soamente sexan tres e media.
Ben e certo que ós traballadores con turnos de sete horas concedíanselles a metade da xornada, por mor de que o sustituto poidera cubrir a dous traballadores; pero non así aqueles con outra xornada superior, como o persoal de PAC que traballa 24 horas.
O Sindicato de Enfermería insta a Xerencia a que reconsidere esta arbitraria decisión, non sin advertir que os servicios xurídicos do Sindicato de Enfemería disporán de facer as reclamacións que correspondan para aqueles traballadores que así o demanden.