Hemeroteca

SATSE Ourense exixe o cese da directora de Enfermería do CHUO

A falta de profesionais de Enfermería e a súa precariedade laboral poñense unha vez máis de manifesto na Area Sanitaria de Ourense, ante un completo menosprezo a este colectivo por parte da Dirección.

O Sindicato de Enfermería, SATSE en Ourense denuncia que a improvisación e falta de compromiso cos traballadores é a forma de actuar da Dirección de Enfermería de Ourense, que, unha vez máis demostra a sua incapacidade de xestión cando, sendo coñecedores da maioría de necesidades de persoal a 1 de novembro de 2022, “está a dar contratos de 5 DIAS”; imposibilitando deste xeito calquera tipo de conciliación da vida familiar deste persoal nas actuais datas de NADAL. 

Cobertura de vacacións pedidas durante o mes de marzo que neste momento siguen a estar sen sustituir, mentras hai 200 enfermeiras sen vínculo na lista de contratacións. 

No medio de todo a afectación sobre a calidade asistencial e a continuidade de coidados, que pouco parece importar cando sólo se trata aos traballadores como simples números. 

Todos os recoñecementos impulsados perden o seu valor cando sistemáticamente se ofrecen contratos precarios, descoñececendo ata a mesma hora do turno a unidade de traballo, incluso en ocasións estando ubicados en unidades pechadas e sen actividade asistencial. 

Por esta práctica continuada de contratacións precarias e falta de valoración do persoal, que traballa nunhas condicións extenuantes na maioría das ocasións, sen ningún tipo de valoración e vendo mermados os seus dereitos por decisións unilaterais e sen consenso cos órganos de representación, xunta de persoal neste caso, solicitamos o CESE da Dirección de Enfermería da Área de Ourense de xeito inmediato.

Secretaria provincial SATSE Ourense