Hemeroteca

SATSE en Ourense denuncia que “enfermeiras e fisioterapeutas están pendentes do teléfono mañá e tarde low cost

O Sindicato de Enfermaría en Ourense denuncia o aumento da precariedade de enfermeiras e fisioterapeutas das listaxes de contratacións en na área sanitaria de Ourense.

SATSE ven de denunciar ante a Xerencia da Area sanitaria e da Dirección de Recursos Humanos, a nova medida de localización permanente dos aspirantes das contratacións nos turnos de mañá e tarde, coa obriga de aceptación baixo a amenaza da suspensión. 

Ata agora, enfermeiras e fisioterapeutas estaban xa pendentes da chamada telefónica polas mañás, con oferta de vinculacións de ata tres horas de antelación, esto produce certo nivel de estrés ante a posibilidade de ser obrigadas a aceptar un contrato para incorporación nesa mesma tarde. Non sendo ese un sistema sobradamente esclavista, agora a xerencia de Ourense tamén fará chamamentos de tarde, obrigando ao persoal de listas de contratacións a estar de xeito permanente pendente de unha chamada, para unha inminente incorporación para, na maioría dos casos 1 solo dia de traballo. 

Resulta paradóxico, e insultante para SATSE, que mentras para outras categorías como os médicos en atención primaria, o Sergas anuncia medidas de retribucións de dispoñibilidade que supoñen importantes incrementos salariais (anunciadas recentemente), cando se trata de outros profesionais como enfermeiras e fisioterapeutas, imprescindibles na atención sanitaria, obrígaselles a estar pendentes dunha chamada, coa posibilidade de seren penalizados e sen ningún tipo de valoración nin retributiva nin de puntuación adicional por dispoñibilidade. 

Para SATSE, esto supón un claro aumento da penosidade e precariedade laboral das enfermeiras e fisioterapeutas eventuais da lista de contratacións, afectando a dereitos básicos dos traballadores coma o descanso, a conciliación familiar e a desconexión dixital do traballo.

Os avances en normativas de estes aspectos son claros e evidentes, e débense aplicar a tódalas administracións, con medidas que faciliten a saúde dos traballadores e minimicen o impacto destes aspectos na sua saúde mental.. Non podemos ser cómplices de un modelo de xestión que provoque unha dispoñibilidade absoluta dos traballadores durante 14 horas diarias para posiblemente recibir ofertas laborais de obrigado cumprimento, baixo ameaza de penalización.

Dende SATSE en Ourense, dende o primeiro intre, rexeitamos esta  modalidade de persoal localizado “low cost”, que consideramos un abuso e unha falta de respeto aos dereitos básicos dos traballadores recollidos na Lei de Prevención de Riscos que recuriremos por todas as vías legais posibles.

Concentración Ourense Vacantes Polivalentes